Xornada este venres sobre o patrimonio etnográfico cereiro en Galicia e a problemática da varroa

A Agrupación Apícola de Galicia organiza unha xornada sobre esta problemática que afecta á mortaldade das colmeas

A Agrupación Apícola de Galicia organiza unha xornada moi interesante para o vindeiro venres 23 de xaneiro, no cal se levará a cabo unha visita guiada ao importante patrimonio etnográfico cereiro de Galicia da man do investigador e profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Damián Copena.

Ás 10h haberá a visita guiada ao patrimonio cereiro que hai en Paraños e ao museo Favum- O Lagar de Cera de Paraños, que pertence ao concello de Covelo, na comarca da Paradanta, importante exemplo do patrimonio apícola e cereiro de Galicia. Tamén se visitará A Lamosa onde hai elementos patrimoniais que están repartidos ao longo do núcleo de poboación.

Durante a visita o investigador falaranos do recente estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no que xunto con Mariam Ferreira Golpe, e o enxeñeiro e investigador independente, Diego Copena Rodríguez, descubriron catorce infraestruturas de prensado de cera de abellas no noroeste peninsular, incluíndo a Rexión do Norte lusa. Os tres investigadores fan énfase na necesidade de que as administracións públicas fagan un “esforzo” para buscar potenciais lagares novos na zona e traballen para “restaurar, conservar e protexer” os xa identificados. Damián Copena destacará e mostrará aos asisitentes que unha vela é algo moito máis complexo do que parece a primera vista, e podemos comprobalo na cerería tradicional que temos no noso territorio.

Ademais nesa mesma xornada tamén se dará unha charla sobre unha das problemáticas máis importante que afecta ás colmeas, Charla “O enimigo das colmeas de onte hoxe e sempre: A varroa. Novas alternativas”. Esta parasitose leva con nós dende fai xa moitos anos, pero segue a ser unha das problemáticas máis importantes non só en Galicia, senón a nivel mundial. De feito, na mesma charla tratarase da problemática acaecida esta pasada invernada na que houbo unha importante afectación das colmeas, causando mortaldade das mesmas ao longo de toda a CCAA.

Con esta xornada a Agrupación Apícola de Galicia pretende poñer en valor a importancia etnográfica da apicultura galega e tamén as problemáticas que está a sufrir o sector apícola galego (velutina, cambio climático, incendios, entrada de sucedáneos de mel e a parasitose da varroa) que fan que se estea a pasar un momento complicado a nivel de rendadibilidade das explotacións apícolas.

cartel visita y charla agrupacion apicola galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información