Este venres, 12 de decembro, en horario de 10:00 a 14:30 horas, celebrarase a “Xornada sobre Biodiversidade Agrogandeira”, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (AGACAL – CIAM) e o Grupo Naturalista Hábitat.
Esta iniciativa nace co obxectivo de compartir coñecemento científico arredor do papel esencial que xoga a biodiversidade nos sistemas agrarios e gandeiros galegos, así como poñer en valor prácticas que favorecen a sustentabilidade e a conservación do territorio.
Ao longo da mañá trataranse diversas temáticas vinculadas á biodiversidade do medio agrario: o papel das granxas leiteiras como refuxio de aves (SEO/BirdLife Cantabria), os avances nos traballos de anelamento do CIAM (Grupo de anelamento Phylloscopus), a importancia das sebes tradicionais na paisaxe rural e o uso da flora indicadora para avaliar a calidade dos prados de sega. Tamén se abordará o valor dos anélidos como bioindicadores da saúde do solo e presentarase o Indicador de Bolboretas de Pradeiras (GBI) (SOCEME), fundamental para coñecer as tendencias das poboacións de bolboretas europeas.
A xornada será de balde e aberta ao público, dirixida tanto a profesionais do sector primario como a estudantes, técnicos, entidades ambientais e calquera persoa interesada en coñecer máis sobre a relación entre biodiversidade e actividade agrogandeira. Para participar é imprescindible realizar unha inscrición previa a través do seguinte formulario:
Formulario de inscrición
Para máis información: inscricion@gnhabitat.org ou no teléfono 981 135 014

Galego









Control OJD