Xornada este sábado sobre proxectos de referencia na xestión comunitaria dos montes

Este sábado terá lugar unha xornada de visitas técnicas a tres comunidades que impulsan modelos pioneiros de xestión forestal e transición enerxética en Galicia

Publicidade
Xornada este sábado sobre proxectos de referencia na xestión comunitaria dos montes

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza este sábado 13 de decembro de 2025 unha xornada de visitas técnicas a tres comunidades de montes que están a impulsar modelos pioneiros de xestión forestal e transición enerxética en Galicia.

O programa inclúe dúas saídas, ás 09:00 h desde a Praza do Concello de Rianxo e ás 09:30 h desde a estación de autobuses de Santiago de Compostela, cun regreso ás 18:00 h. A actividade é gratuita e está aberta a todas as persoas interesadas. Para participar é necesario inscribirse cubrindo o formulario ou escribindo ao correo electrónico info@barbanzaecosocial.org.

Visitarase a Comunidade de Montes de Buchabade (Ponte Caldelas), referente na transición enerxética en Galicia, impulsa proxectos que integran monte, auga e enerxía para construir un territorio máis resiliente fronte ao cambio climático. Outra das visitas será á Comunidade de Montes de A Reigosa (Ponte Caldelas), que desenvolve iniciativas de enerxía comunitaria, entre elas o seu horto solar, orientadas a reducir custos eléctricos e garantir que os beneficios das renovables permanezan no territorio.

Finalmente, chegarase ata a Comunidade de Montes de Antas (A Lama), que transformou un monte antes abandonado nun espazo produtivo e ben xestionado. Hoxe conta con 500 hectáreas ordenadas, que producen o 90 % combinando usos forestais e gandeiros nun modelo recoñecido polo seu impacto ambiental e social.

Este programa de visitas está financiado con fondos europeos, grazas aoapoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

laboratorio barbanza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información