A sociedade cooperativa Lemos organiza este martes, 28 de febreiro, unha xornada formativa sobre os últimos cambios normativos no sector da gandería de vacún.
O acto será ás 11:00 horas no salón de actos da cooperativa e nel diversos expertos informarán sobre:
-Normativa de ordenación das granxas de gando bovino.
-Caderno dixital.
-Normativa sobre nutrición sostible en solos agrarios.
-Normativa sobre uso sostible de produtos fitosanitarios.
-Axuda do Estado para a compra de fertilizantes.
-Normativa para o almacenamento de combustibles.