Xornada este martes en Friol sobre o uso da intelixencia artificial no sector agroalimentario

Laboratorio Quescrem

Laboratorio Quescrem

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza o vindeiro día 13 de maio, martes unha nova actividade enmarcada no programa CONECTA LUGO. Desta volta trátase dunha xornada de traballo centrada nas aplicacións, usos e ferramentas que a Intelixencia Artificial (IA) as empresas que traballan no eido agroalimentario. A xornada terá unha duración estimada de tres horas e vaise celebrar no Centro Colaborativo de Friol en horario de 11:00 a 13:00 horas.

O principal obxectivo que se trazan os promotores do evento é o de “mellorar o coñecemento sobre novas tecnoloxías de Inteligencia Artificial aplicadas al sector agroalimentario, así como as axudas públicas dispoñibles para a súa implementación entre as empresas da provincia de Lugo”. Os autores das diferentes ponencias son representantes das empresas máis destacadas nos novos servizos tecnológicos IA para o sector agroalimentario. Tamén estarán presentes membros do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) que darán a coñecer as axudas para a implantación de ferramentas IA e de novas tecnoloxías. Ademais, o programa cómpletase con representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) 4 – Comarca de Lugo e o Polo de Emprendemento de Friol.

COnecta Lugo é unha iniciativa de información, apoio e asesoramento as empresas de Lugo en materia de axudas públicas, competitividade ou innovación, posta en marcha pola CEL coa colaboración da Consellería de Industria a través do IGAPE

A asistencia é gratuita pero hai que reservar praza no seguinte enlace:

INSCRIPCIÓN TALLER IA EN EL SECTOR AGROALIMENTARIO 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información