Xornada en Xermade sobre técnicas de pastoreo

Xornada en Xermade sobre técnicas de pastoreo

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrará o vindeiro mércores 27 de outubro en Xermade un curso sobre técnicas de pastoreo. Impartida pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Vilalba, a acción formativa terá lugar na casa escola de Cabreiros, en horario partido (11:00 a 13:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas).

O obxectivo desta xornada é formar aos asistentes sobre o papel do pastoreo como fornecedor de alimento equilibrado para o gando. Para iso, abordaranse as distintas técnicas de pastoreo desde o punto de vista dos seus resultados técnicos e económicos, ademais de analizar os erros máis habituais nas granxas que se inician e asentan neste tipo de sistemas. A xornada finalizará cunha visita a unha explotación gandeira que emprega a técnica do pastoreo.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico maria.carmen.rego.martinez@xunta.es. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982 828 954.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información