Xornada en Vigo sobre a compatibilidade de usos sociais e forestais nos montes veciñais

O Centro veciñal e cultural de Valadares acolle este sábado un debate organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo, a Asociación Forestal de Galicia e a Confederación de Organizaciones de Silvicultores de España (Cose)

Publicidade
Data inicio: 11/06/2016
Data fin: 11/06/2016
Lugar: Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Vigo, Pontevedra, España

O aumento do uso social dos montes veciñais, principalmente no entorno das grandes áreas urbáns, está a xerar polémicas e incidentes nos últimos anos na área das Rías Baixas. Co fin de establecer unhas bases de consenso para que poida ser compatible o uso deportivo e social cun uso forestal, a Asociación Forestal de Galicia e a Mancomunidade de Montes de Vigo organizan este sábado unhas xornadas de debate no Centro veciñal e cultural de Valadares.

O acto servirá para presentar as conclusións das mesas de traballo que se celebrarán previamente con responsables das Federacións galegas de ciclismo, atletismo, montañismo e espeleoloxía; con comunidades de montes, forzas de seguridade (Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local de Vigo) e con avogados e entidades aseguradoras. Tamén se abrirá o debate ós asistentes á xornada.

O obxectivo último das xornadas é o de asentar uns protocolos de actuación que amparen o uso social do monte e que protexan tamén os dereitos das comunidades de montes veciñais.

Programa
A xornada, que se desenvolverá na mañá do sábado, será inaugurada polo director xeral de Produción e Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, e contará con intervencións do avogado Calixto Escariz, do sarxento do Seprona José Luis de la Fuente; do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e do vogal do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra Xosé Carlos Morgade. A sesión será clausurada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Pódese consultar aquí o programa completo da xornada.

A asistencia é gratuita, pero é necesaria inscripción previa enviando un correo electrónico a afg@asociacionforestal.org ou chamando ós teléfonos 981-569.140.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información