Xornada en Trives sobre os apoios ás zonas de alta montaña

Alternativa Galega de Esquerda organiza un seminario sobre as figuras de protección medioambiental como vía para manter un medio rural vivo

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 16/04/2016
Data fin: 16/04/2016
Lugar: A Pobra de Trives, Ourense, España

A Pobra de Trives acollerá este sábado 16 de abril unha xornada que leva por título ‘As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña’. O evento, organizado por Alternativa Galega de Esquerda (Age), analizará como figuras do tipo dos parques naturais poden constituir un apoio para a agricultura e a gandeiría.

A xornada, que foi presentada pola eurodeputada Lidia Senra o pasado venres en Santiago, amosará experiencias de produción en zonas de alta montaña e contará con representantes de parques naturais de España e de Portugal.

Desde Age entenden que as figuras de protección medioambiental non só teñen que ser compatibles coa actividade agraria, senón que poden ser unha oportunidade. “É prioritario apoiar a actividade agraria na montaña, apoiar que a transformación dos produtos da montaña se faga na montaña e traballar activamente para colocar eses produtos en mercados de proximidade”, suliña Lidia Senra.

Esta é a segunda xornada destas características programada por Age, que desenvolveu o ano pasado outra similar en Becerreá.

Máis información
Programa completo da xornada (Pdf)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información