Xornada en Santiago sobre “Territorio e alimentación: construíndo identidade e valor compartido”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Fundación Juana de Vega organizan a xornada Territorio e alimentación: construíndo identidade e valor compartido que se celebrará o 6 de febreiro de 2026, a partir das 11:00h, no Palacio del Carmen, Santiago de Compostela.

Nun contexto no que Galicia se configura como paisaxe produtiva, o medio natural constitúe fonte de riqueza que sostén economías locais, dá forma a unha cultura propia e fortalece o vínculo entre comunidades e territorio. Así, esta iniciativa céntrase no márketing territorial aplicado á alimentación como estratexia de diferenciación de produto, reforzo de identidade territorial e xeración de valor compartido. O encontro ofecerá un espazo de reflexión arredor da orixe, a calidade certificada e a construción de marcas territoriais sólidas coa participación de profesionais, entidades e empresas que promoven a competitividade mediante a potenciación do local.

XORNADA CLUSAGA JUANA

Xunto ao consultor especializado Miguel Rives, director de GastroAgencia (Valencia), nas mesas redondas contarase con entidades e empresas referentes do sector en Galicia e doutros territorios de España.

Na primeira mesa redonda falarase de experiencias vinculadas ás marcas territoriais e ás indicacións de calidade con Luis Vázquez (Ternera Gallega e IXP Vaca Galega-Boi Galego); Mª Begoña López (Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias do Principado de Asturias); Ramón Fernández (Pesca de Rías – Xunta de Galicia) e Blanca Jiménez (Saborea España). 

A segunda mesa redonda reunirá a referentes do ámbito gastronómico e empresarial que compartirán a súa visión sobre a relación entre produción, territorio, sostibilidade e creación de valor. Participarán Lucía Freitas (restaurante A Tafona -Estrela Michelín- e proxecto Amas da Terra); Sara Torreiro (Casa Grande de Xanceda); Juan Vázquez (Bodegas Martín Códax); e Ramón de Meer (Hijos de Rivera).

A clausura correrá a cargo de Martín Alemparte, director de  AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria).

Máis información e inscrición nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información