O próximo día 15 de outubro, Unión de Consumidores de Galicia en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, o grupo Vegalsa- Eroski, Mercadona, Ecoembes, Ecovidrio e ConsumES, pon en marcha unha xornada sobre a sustentabilidade do envase alimentario.
Este evento, que se desenvolverá no edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, configúrase como un evento divulgativo no que representantes da administración, do sector da produción, consumo e reciclaxe do envase alimentario, exporán, desde a súa perspectiva, o reto europeo para fomentar un mellor uso e utilización dos recursos na cadea alimentaria, concretamente no envasado de alimentos e bebidas.
O rexistro para asistencia poderá realzarse na seguinte ligazón: https://es.surveymonkey.com/r/envases A inscrición ao evento é gratuíta e inclúe o xantar de traballo para os asistentes.
Velaquí o programa: