Xornada en Santiago sobre desperdicio na cadea alimentaria

Productores, industria, distribución, canle horeca e consumidores analizarán o día 18 en Santiago de Compostela as cifras do desperdicio alimentario.

A UnIón de Consumidores de Galicia (UCGAL) organiza o vindeiro martes, 18 de xuño en Santiago de Compostela, unha xornada sobre “Desperdicio cero: Sostenibilidad y soberanía alimentaria”. A xornada, que será inaugurada polo Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia abordará a problemática do desperdicio alimentario en todas as fases da cadea da alimentación, desde o campo ou o mar ate os fogares, comedores ou establecementos de restauración. O Delegado do Goberno en Galicia será o encargado de clausurar o evento.

Podes coñecer o PROGRAMA da xornada no que participan entidades e empresas como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Xunta de Galicia, FIAB, Clusaga, Cooperativas Agroalimentarias, Instituto de Investigaciones Marinas – CSIC, Universidade de Vigo, Fundación Espigoladors, Enraíza Derechos, Asedas, Froiz, Gadis, Mercadona, ConsumES, Confapa, bancos de alimentos, e Hostalaría de Galicia.

A actividade conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da Axencia de Turismo de Galicia e de ASUGA, asociación galega de supermercados.

A inscrición é gratuítaINSCRICIÓNS

programa xornada desperdicio alimentario xornada union de consumidores desperdicio alimentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información