A Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración co Consello Económico e Social de e Galicia, dentro da programación anual de actividades divulgativas, desenvolverá unha xornada sobre “A Fiscalidade nos alimentos: retos e realidade no sector primario”.
O xoves 12 de febreiro, dende as 10.30 da mañá, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, expertos en fiscalidade, e representantes da cadea alimentaria, debaterán sobre o custo dos alimentos e a utilización de ferramentas fiscais para fomentar o consumo de determinados produtos, que se consideran saudables e evitar o doutros que serían máis prexudiciais para a saúde pública.
Así mesmo, analizarase o impacto que campañas como a redución do iva tivo en determinados alimentos. E por suposto, falarase de aranceis, que sen dúbida son a máis recente ferramenta fiscal que pode afectar o consumo.
Para asistir a este foro debes inscribirte de forma gratuíta no formulario para control de aforo.
Podes consultar o programa completo aquí:


Galego









Control OJD