A asociación Produtoras e Produtores de Leite de Galicia (PROLEGA), en colaboración co Concello de San Sadurniño, organizan o vindeiro luns, 28 de novembro, unha xornada informativa sobre as novidades das axudas da Política Agraria Común (PAC) para o ano 2023.
A actividade celebrarase ás 12:00 horas na Casa da Cultura deste concello coruñés e será impartida por Iván Ucha Fernández, de Celtia Agroenxeñería S.L.