Xornada en Ourense sobre últimos avances en fertilización e aplicación de auga ozonizada para control de pragas do viñedo

Publicidade

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 27 de xullo un taller práctico sobreNOVAS APORTACIÓNS AO DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA GALEGA”.

Esta actividade desenvolverase no Mosteiro de San Clodio (Estrada a Pazos de San Clodio, s/n (Leiro – Ourense), en xornada de mañá (9:00 a 11:00h). No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 100.

Programa:

8:30 – 9:00: Recepción de asistentes. Entrega de documentación.

9:00 – 10:00 : Fertilización do viñedo: FERVIÑA

Relatores:

Juan Carlos Vázquez Abal. Técnico da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL-EVEGA)

Javier Cancela Barrio. Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela

Técnicos das adegas Cooperativa Arousana e Viña Costeira

-10:00 – 11:00 A auga ozonizada e control de enfermidades: VITIOZÓN

Relatores:

Emilia Díaz Losada. Técnico da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL-EVEGA)

Javier Cancela Barrio. Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela

Técnico da adega Martín Codax

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) desenvolve investigacións en colaboración con diversas adegas e empresas do sector vitivinícola para mellorar a xestión tanto da viña como da adega. Respecto á sanidade do viñedo realizáronse investigacións relacionadas coa utilización da auga ozonizada e a súa aplicación para o control de patóxenos causantes das enfermidades endémicas que afectan ao viñedo a través do proxecto piloto VITIOZÓN desenvolvido en colaboración coa adega MARTÍN CODAX.

Polo que respecta ao control da fertilización do solo foi o principal obxectivo do grupo operativo FERVIÑA, desenvolvido en colaboración coas adegas Cooperativa Vitivinícola Arousana e Viña Costeira, e a súa finalidade foi establecer rangos de concentracións de macro e micronutrintes co obxectivo de obter viños de calidade.

Neste sentido, o obxectivo da xornada consiste en dar visibilidade aos resultados das experiencias desenvolvidas pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, para que poidan ser de utilidade ao sector vitivinícola en xeral.

As persoas interesadas en asistir a esta xornada de divulgación poden inscribirse ata o día 25 de xullo a través da páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia https://evega.xunta.gal Remitirase o formulario cuberto ao correo electrónico viniot.agacal@xunta.gal

Descargar díptico

Descargar folla de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información