Xornada en Monforte sobre interpretación e manexo do Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario

Xornada en Monforte sobre interpretación e manexo do Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar un taller práctico de consulta, interpretación e manexo do Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario. Impartida no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, esta acción formativa terá lugar o 22 de xuño e cunha duración total de 4,5 horas, en horario de mañá das 9:45 ás 14:30 horas.

O obradoiro aborda aspectos prácticos sobre a consulta e manexo do devandito rexistro, así coma dos límites máximos de residuos. Os alumnos tamén manexarán un caderno de explotación así coma datos proporcionados pola Comisión Europea sobre a seguridade alimentaria no relativo a estes asuntos para a mellor comprensión da importancia de cumprir coa lexislación vixente neste eido.

A inscrición no curso pode facerse online a través desta ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información