Xornada en Mondariz sobre servizos ecosistémicos do monte

A actividade desenvolverase este xoves 25 no Centro cultural de Mouriscados, no marco das actividades formativas organizadas arredor do Monte Demostrativo

Xornada en Mondariz sobre servizos ecosistémicos do monte

A conservación da biodiversidade nun bosque é un dos servizos ecosistémicos que se pode certificar.

A Asociación Forestal de Galicia programou para este xoves 25 de setembro ás 18 horas unha xornada sobre servizos ecosistémicos no monte. A actividade desenvolverase no concello de Mondariz, no Centro cultural de Mouriscados, no marco das actividades formativas programadas arredor do Monte Demostrativo de Mouriscados.

A xornada abordará a potencialidade de certificar os servizos ecosistémicos do monte, tales como conservación da biodiversidade, servizos recreativos ou conservación do solo e protección de concas hidrográficas. Así, aqueles montes que asumen unha serie de compromisos ambientais, sometidos a auditorías, poden lograr unha certificación de servizos ecosistémicos, coa que teñen a oportunidade de captar recursos para apoiar a súa xestión.

O programa da sesión será o seguinte:

– Servizos ecosistémicos. Que son, potencialidades e diversificación dos produtos que ofrecen os montes. Xosé Covelo, enxeñeiro de Montes.

– Metodoloxías de inventariado de fauna e recursos hídricos. Alba Cabaleiro, estudante de Bioloxía na USC.

– Exemplos de servizos ecosistémicos certificados. Oportunidades de finanzamento. Xosé Covelo, enxeñeiro de Montes.

Esta actividade é gratuíta e terá lugar xoves 25 de setembro ás 18:00 horas no Centro Cultural de Mouriscados (Mondariz).

Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto previo coa oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información