Xornada en Chantada o 5 de xuño sobre o ecorrexime de pastoreo extensivo aplicado a Galicia

fleckvieh monterroso paisaxe pastoreo 2A Rede PAC, pertencente ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, organiza a “Xornada sobre boas prácticas de pastoreo extensivo en pastos húmidos aplicables a ecorreximes en Galicia” que se realizará en formato presencial no Auditorio Municipal de Chantada o próximo 5 de xuño de 2025.

Esta xornada forma parte do Ciclo de Xornadas Territoriais da Rede PAC para a promoción dos ecorrreximmes, que se desenvolverá entre maio e outubro de 2025. A finalidade deste ciclo é promocionar e poñer en valor as boas prácticas vinculadas aos ecoesquemas que mellor se adapten en cada un dos territorios.

Esta xornada está dirixida a entidades do sector agrario, agricultores/as, gandeiros/as, profesionais agrarios e/o calquera organización con interese na aplicación de ecoesquemas de todo o territorio nacional.

Algúns dos contidos que aos que se poderá acceder nesta xornada serán:

· Presentación de aspectos técnicos e beneficios ambientais, así como as condicións e axudas asociadas á práctica do ecorrexime de pastoreo extensivo en pastos húmidos.
· Intercambio de experiencias entre agricultores/as sobre a implantación de prácticas asociadas ao ecorrexime de pastoreo extensivo en pastos húmidos.
· Visita á explotación Casa da Fonte, en Pantón, con experiencia en pastoreo extensivo.

A inscrición pode realizarse a través da seguinte LIGAZÓN!

A inscrición é gratuíta e necesaria para asistir á xornada e pódese realizar ata o día 3 de xuño ás 12:00 a.m.

Neste link da ligazón ao evento web podes ampliar información sobre o encontro, así como consultar o programa provisional.

Para calquera dúbida sobre a xornada pode contactar a través da dirección de correo: antenaredpac.galicia@tragsa.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información