A Asociación Forestal de Galicia organiza este venres 12 de decembro en Carral unha xornada sobre servizos ecosistémicos do monte, as súas potencialidades e o seu papel na diversificación dos produtos comerciais que ofrecen os montes.
A certificación dos servizos ecosistémicos que lle poden aportar os montes á sociedade (ambientais, culturais, etc.) presenta un dobre interese. Por un lado, constitúe unha vía para que o colectivo de propietarios forestais visibilice o seu compromiso ambiental, á vez que tamén representa unha oportunidade, en fase inicial, para captar financiamento, a través de patrocinios e outras opcións.
Esta actividade é gratuíta e terá lugar venres 12 de decembro ás 17:30 horas no Edificio social Toñito Espiñeira (Carral).
Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto previo coa oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).
O programa da sesión será o seguinte:
– Servizos ecosistémicos. Que son, potencialidades e diversificación dos produtos que ofrecen os montes. Xosé Covelo, enxeñeiro de Montes.
– Metodoloxías de inventario e seguemento do uso recreativo dos montes. Jorge Bouzas, enxeñeiro de Montes.
– Exemplos de servizos ecosistémicos certificados. Oportunidades de financiamento. Xosé Covelo, enxeñeiro de Montes.
A xornada enmárcase dentro das actividades formativas do Monte demostrativo de Castelo, impulsado pola Asociación Forestal de Galicia no concello coruñés de Culleredo.
Galego









Control OJD