Xornada en Arzúa sobre vixilancia sanitaria e uso responsable de antibióticos no gando

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL), en colaboración coa Subdirección Xeral de Gandaría da Consellería do Medio Rural e as ADSG Boimorto e Terras do Queixo, organiza o vindeiro 5 novembro en Arzúa unha xornada técnica sobre “VIXILANCIA SANITARIA NAS ADSG DE GALICIA. ENFERMIDADES E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS”.

A formación, de carácter gratuíto, impartirase no Edificio Multiúsos de Arzúa en horario de 15:30 a 19:50 horas.

Velaquí o programa:

• 15:30-16:00: Resistencia aos antimicrobianos e concepto One Health, unha soa saúde. Relatora: Verónica Gómez Gómez. CIAM-AGACAL

• 16:00-16:30: PRESVET: contribuíndo ao uso responsable de antibióticos veterinarios. Relator: Antonio Montenegro Criado. Subdirección Xeral de Gandaría

• 16:30-17:00: Control de enfermidades nas ADSG: BVD e IBR. Relator: Ignacio Arnaiz Seco. Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo

• 17:00-17:30: A Oficina Agraria Virtual. Relator: Santiago Martínez Calvo. Subdirección Xeral de Gandaría

• 17:30-17:50: Pausa

• 17:50-18:20: A EHE. Relatoras: Margot García Liñeira (ADSG Terras do Queixo) e Isabel Díaz Iturralde (ADSG Boimorto)

• 18:20-19:50: Mesa redonda sobre os temas dos relatorios. Moderadora: Carmen Calvo Santalla. CIAM-AGACAL

A inscrición pode realizarse a través desta ligazón:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Para máis información, enviar un correo a carmen.calvo.santalla@xunta.gal ou chamar ao 881881814.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información