A Casa das Ínsuas (Rábade, Lugo) acollerá o venres 24 de xaneiro unha xornada para divulgar os sistemas de peches máis axeitados para protexer o gando contra o lobo. O evento nace como consecuencia dun proxecto que estivo avaliando tres sistemas distintos de peches contra o lobo en Galicia.
Durante un ano, valoráronse tres sistemas de peches distintos, con dez repeticións en distintas zonas de Galicia. Dentro de cada peche, viviron durante ese ano tres ovellas e un año. O proxecto, que se puido executar grazas á colaboración dunha vintena de ganderías de toda a comunidade, permitiu avaliar na práctica os sistemas que mellor funcionaron para evitar a entrada do lobo, así como os seus custos e necesidades de mantemento.
O proxecto estivo executado por Beealia, Arena (Luis Llaneza), Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, CSIC e Asociación Galega de Custodia do Territorio.
As persoas interesadas en asistir á xornada poden inscribirse no mail contacto@beealia.com ou no whatsapp 619 032 791