O Sindicato Labrego Galego ten aberta a inscrición para a “XORNADA DIVULGATIVA SOBRE SEGUROS AGRARIOS PARA A APICULTURA”, que terá lugar este mércores, 26 de outubro, de 11h. a 13.30h. no Centro de Interpretación Terras do Miño (Paseo do río Rato, LUGO).
Abordarase unha análise de riscos no sector e afondarase no sistema de seguros agrarios, contratación e siniestralidade, pormenorizando na Liña 411, correspondente á produción apícola. Participarán o Responsábel do Sector da Apicultura no SLG-CCLL, Diego Sánchez Agra, e o apicultor do SLG-CCLL Brais Álvarez.
Fornecerá unha oportunidade de interlocución directa para que o sector traslade as súas inquedanzas e demandas á entidade pública de xestión de seguros agrarios Agroseguro, coordenada e supervisada polo Ministerio de Agricultura e Alimentación. Na súa representación acudirán o Director Territorial da Zona Noroeste, José Bernardo Rodríguez, e a técnica veterinaria da Delegación Noroeste Agroseguro, Noelia Aparicio Miguélez. A xornada inclúe xantar.
Inscricións nesta ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeyYBl7ieRCd0hQ9eVYoJFnnTF4TT8TI2rfmzOWWw68a4XZ-Q/viewform
Máis información: Diego Sánchez Agra, Responsábel do Sector da Apicultura no SLG-CCLL (Tlf: 608 175 565)