A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, co apoio da Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza este xoves, 12 de xuño, na Cantina de Renche, no concello lugués de Samos, unha xornada demostrativa sobre aplicación de bioestimulantes con drons en soutos.
A asistencia á xornada é gratuíta. Comezará ás 10:00 horas cunha charla sobre experiencias de rexeneración de soutos en Asturias, a cargo de Pedro Álvarez Álvarez, catedrático da área de enxeñería agroforestal da Universidade de Oviedo.
A continuación, Saúl Sánchez, castañicultor de Samos, realizará unha explicación sobre o programa de probas de rexeneración de soutos con bioestimulantes.
Posteriormente terá lugar a sesión práctica no souto, cunha demostración de aplicación de produtos bioestimulantes con drons, a cargo das empresas BENIU e Agrobío.