A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos organiza a primeira xornada de voluntariado ambiental para a realización de inxertos sobre castiñeiros que foron afectados no Courel polos incendios de 2022.
A xornada celebrarase o sábado 14 de xuño en Froxán (Folgoso do Courel) e conta co apoio da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Froxán.
Comezará ás 10:00 horas cunha formación previa impartida polo mestre enxertador Santiago Ramos para logo pasar aos traballos de inxerta.
As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono 679 07 13 75
Apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para a realización de máis actividades ao longo deste ano
Esta actividade forma parte dun acordo de colaboración polo cal a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia económicamente á Asociación Galega das Castañas e dos Soutos para a realización de actividades na provincia ao longo deste ano.
Así, o 27 de setembro realizarase en Chantada un curso de iniciación ao cultivo de castañas e un showcooking con distintas elaboracións culinarias con este produto; o 15 de novembro terá lugar en Cervantes unha xornada sobre mecanización da recollida de castaña e un magosto e de maio a setembro deste ano realizarase en Samos un campo de ensaio sobre o uso de bioestimulantes nos castiñeiros.