Xornada de restauración de espazos degradados por lumes forestais

A actividade, organizada pola Fundación Juana de Vega, inclúe unha visita de campo a Porto do Son

Publicidade
Xornada de restauración de espazos degradados por lumes forestais

Monte queimado cuberto con palla para evitar a erosión.

Data inicio: 20/06/2017
Data fin: 20/06/2017
Lugar: Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela, España

A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega programou unha xornada para abordar a restauración ecolóxica de espazos degradados polos lumes. A actividade desenvolverase na Cidade da Cultura o martes 20 de xuño e inclúe unha visita pola tarde a un área afectada por un incendio en Porto do Son.

O obxectivo da xornada é introducir ós asistentes ós procesos de restauración ecolóxica dos ecosistemas, con énfase nas accións urxentes de mitigación de danos tras os lumes. A actividade vai dirixida a técnicos de campo de ciencias ambientais e afíns (enxeñeiros forestais, agrónomos, biólogos, etc.). Tamén a calquera persoa interesada na temática.

Programa

9: 30 h. – 13:30 h
– Alternativas de actuación para a restauración ecolóxica. Almudena Rodríguez
– Accións de mitigación urxente contra a erosión forestal. Cristina Fernández Filgueira (Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

15 a 18:30 horas
Caso práctico: visita de campo a un área forestal queimada con tratamento post-incendio de mulching (esparcimento de palla) en Porto do Son.

Prezo: 20 € (inclúe comida e desprazamento)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información