Xornada de presentación dos proxectos de investigación agrogandeira nos que participa o CIAM

Xornada de presentación dos proxectos de investigación agrogandeira nos que participa o CIAM

O vindeiro 20 de novembro celebrarase no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) a xornada de presentación “Proxectos piloto desenvolvidos en Galicia e actividades de grupos operativos nos que participa a AGACAL”.

A asistencia é gratuíta, coas medidas de prevención sanitarias precisas para reducir o risco de contaxio do Covid 19.

Velaquí o programa:

9:00-9:30: Recepción dos asistentes e entrega de materiais

9:30-9:50: Presentación das xornadas.
Jose Luís Cabarcos Corral, Director da AGACAL
Manuel López Luaces Director do CIAM
Jose Manuel Andrade Calvo, Director da Fundación Juana de Vega
Julio López Díaz. CIAM

9:50-10:10: Os AKIS na PAC 2021-2027. Laura Enfedaque Díaz. MAPA

10:10-10:30: Grupo focal sobre asesoramento en AKIS. Ideas para a implantación dos AKIS en España. Andrés Montero Aparicio. MAPA

10:30-10:50: Espectroscopía por tecnoloxía NIRS como ferramenta na xestión da fertilización de cultivos.Mª Dolores Báez Bernal. CIAM

10:50-11:10: Identificación de marcadores específicos para garantir a calidade e autenticidade do mel en Galicia. Thierry Dagnac. CIAM

11:10-11:30: Bases para o cultivo ecolóxico de trigo autóctono en Galicia. Luís Urquijo Zamora. CIAM

11:30-11:50: Redución dos custos de tratamentos silvícolas a partir da revalorización da biomasa forestal residual extraída dos mesmos. Juan Castro Insua. CIAM

11:50-12:00: Discusión/Preguntas bloque 1

12:00-12:20: Pausa- café

12:20-12:40: Pastoreo con gando caprino vs. equino para evitar a matorralización do monte. Santiago Crecente Campo. CIAM

12:40-13:00: Optimización do cebo de vacas frisoas dentro da IXP “Vaca e Boi de Galicia”. Teresa Moreno López. CIAM

13:00-13:20: Cooperación para innovación nos sistemas de produción de leite (I). César Resch Zafra. CIAM

13:20-13:40: Cooperación para innovación nos sistemas de produción de leite (II). Gonzalo Flores Calvete. CIAM

13:40-14:00: Discusión/Preguntas bloque 2

14:00: Fin da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información