O Grupo Operativo “Carne de vacún a pasto” rematou o seu traballo e os seus integrantes queren presentar e difundir os seus resultados, en especial as conclusións sobre tipos de producións e resultados económicos.
A tal efecto, organizan unha xornada de debate o vindeiro día 22 de novembro no concello coruñés das Pontes, en concreto en Casa do Peso.
O programa da xornada é o seguinte:
11:00 Introdución
11:15 Presentación do Grupo Operativo “Carne de vacún a pasto”
11:30 Resultados económicos das ganderías de carne: quen gaña, quen non gaña?
11:45 Resultados técnicos da ganderías: como se gaña, como non se gaña?
12:00 Preguntas e debate coa asistencia: como producir para ser máis rendíbel?
14:00 Xantar (a cargo de cada asistente)
15:30 Desprazamento e visita a unha granxa de carne
17:30 Fin previsto
Para asistir é preciso confirmar asitencia neste enlace: https://bit.ly/xornada241122 ou mediante correo electrónico a xerencia@xangalicia.com