A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada de portas abertas en SAT Caamaño para coñecer o primeiro Lely Astronaut A5 Next de Galicia

O vindeiro mércores, 23 xullo, Lely organiza unha xornada de portas abertas en SAT Caamaño, no concello coruñés de Mazaricos. Nesta xornada os que visiten a granxa poderán ver en funcionamento o primeiro Lely Astronaut A5 Next de Galicia

Fernando Grille Blanco e Juan José Barcia Riveiro, propietarios da gandería SAT Caamaño

Fernando Grille Blanco e Juan José Barcia Riveiro, propietarios da gandería SAT Caamaño

Unha nova xornada de portas abertas, organizada por Lely, terá lugar o vindeiro mércores 23 de xullo en SAT Caamaño (Mazaricos, A Coruña). Esta explotación é a primeira en estrear o novo Lely Astronaut A5 Next, o cal, será un gran reclamo para todos os que se acheguen a coñecer esta granxa.

lely sat caamanho mazaricos ley a5 next

Como xa é habitual á hora da comida haberá polbo e carne ó caldeiro para todos os asistentes. A xornada, organizada por Lely, ten a colaboración de Kersia, Bioprana, O Rubio Maquinaria, B.B.T, Bragt, Arquitectura e enxeñería Rodríguez, Piensos Albores, Elmega e Sense Hub. A xornada comezará a partir das 11 da mañá e prolongarase ata a tarde.

SAT Caamaño conta na actualidade con 4 robots de muxido (2 Lely Astronaut A4, un Lely A5 e o xa comentado A5 Next), ademais ten un arrimador de comida Lely Juno Flex e un Lely Collector C2 para a limpeza dos seus patios.

lely sat caamanho mazaricos vacas area cubiculos

Fernando Grille Blanco e Juan José Barcia Riveiro son os propietarios desta granxa, na que teñen a axuda de dous empregados, un en quenda de mañá e outro no de tarde. SAT Caamaño empezou a súa andaina no ano 2002 con 80 vacas en muxido. Pasaron os anos e estando a tres muxidos diarios decidiron robotizar a súa granxa, en abril do 2017 meteron dous Lely Astronaut A4 para muxir as súas 110 vacas.

No 2021 introduciron unha terceira unidade, neste caso un Astronaut A5 e renovaron o Juno 100 que tiñan desde o 2017 por un Flex. Ademais hai un ano e medio que tamén compraron un Lely Collector C2 para a limpeza do seu patio máis grande.

lely sat caamanho mazaricos vaca

Hoxe en día muxen case 200 animais e móvense nunha media anual de entre 41 e 42 litros por vaca e por día cunhas excelentes calidades, máis do 4% de graxa e máis do 3.60% de proteína.

Ata a instalación do Lely Astronaut A5 Next muxían 195 vacas en só tres robots e conseguían os tres muxidos de media. No lote de xovencas había 71 vacas nun A4 que conseguía chegar a máis de 210 muxidos diarios.

lely sat caamanho mazaricos a5 next

Fernando e Jose teñen moitas expectativas co novo Astronaut A5 Next, pero aínda que destacan que se vai igual de ben que o seu A5 será perfecto, xa que estes gandeiros de Mazaricos notaron moita diferenza entre os A4 e o A5.

Sobre o A5 din que non saben nin que o teñen na granxa, xa que é un robot moi fiable, que en máis de catro anos practicamente non fallou nunca.

Por agora necesitan tempo para testar o novo robot da firma holandesa, que estrearon recentemente, pero do que esperan unha maior precisión en vacas máis complicadas de ubre.

lely sat caamanho mazaricos vacas pasillo

O Lely Astronaut A4 é un robot moi logrado para os gandeiros, moi preciso, aínda que seguramente non haxa a mesma diferencia que dos A4 ao A5, do que notaron un gran cambio.

Para Jose e Fernando o A4 é un gran robot, pero ten o problema, por dicilo dalgunha maneira, da bomba de leite, aínda que concretamente este ano aínda non cambiaron ningunha bomba de leite dos seus dous A4.

lely sat caamanho mazaricos arrimador juno

A ración que comen as vacas de SAT Caamaño é de 32 quilos de millo, 13 de herba e 7,32 de penso no carro. Nos robots puntean unha media de 8 quilos por animal. Entregan o leite a unha queixería polo que valoran moito as calidades e das que destacan que non están rifadas co robot como a xente pensa. Para estes gandeiros a clave para lograr bos niveis de sólidos están nunha boa alimentación dos animais.

Esta granxa coruñesa  prevé chegar a final de ano, se as cousas non se torcen, aos 240 animais en muxido. Nesta ocasión non queren exceder a capacidade dos robots, cunha media de 60 cabezas por cada un.

lely sat caamanho mazaricos

No ano 2017 en SAT Caamaño fixeron unha aposta por Lely e continúan con ela porque as cousas saíron ben, como eles contan foron ao seguro e a firma con sede en Massluis cumpriulles todas as expectativas tanto a nivel operativo como técnico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *