Xornada de introdución ao horto familiar ecolóxico

Publicidade
Publicidade
Xornada de introdución ao horto familiar ecolóxico
Data inicio: 23/09/2016
Data fin: 24/09/2016
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Lugo, España

A Oficina Agraria de Lugo da Consellería do Medio Rural organiza unha xornada de “Introdución ao horto familiar ecolóxico”. Este curso é gratuíto e celebrarase os vindeiros 23 e 24 deste mes no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Está dirixido a todas as persoas interesadas no sector agrario. As solicitudes deberán presentarse na OAC de Lugo ou na Conserxería da Escola Politécnica antes das 14:00 horas do día 22 de setembro. Pódense enviar por mail a xan.neira@usc.es ou por fax ao 982823001. O número de prazas é limitado e a aceptación será por rigorosa orde de chegada da solicitude.

Descarga aquí a folla de inscrición

Programa da Xornada: Introdución ao horto familiar ecolóxico

Día 23, Venres (Salón de actos do Pazo de Feiras)

16:00 h. Inauguración. Representantes Consellería Medio Rural da Xunta de Galicia, USC, SEAE e SOGA
16:10 h a 18:00 h. Bases da produción agraria ecolóxica. Xan Neira. USC
18:00 h a 19:00 h. Importancia do gando no predio familiar agroecolóxico. Carmelo Romero. SEAE
19:00 h a 20:00 h. Aproveitando resíduos: compostaxe. Almudena Rodríguez. Ar Servicios ecosistémicos

Día 24, Sábado (Salón de actos do Pazo de Feiras)

9:30 h a 11:00 h. Requisitos e condicionantes. Planeamento do horto. Josep Roselló i Oltra. IVIA (Valencia)
11:00 h a 12:30 h. Prácticas de compostaxe a abonado. Josep Roselló i Oltra. IVIA (Valencia)
12:30 h a 14:00 h. Posibilidade de cultivo: hortaliza, frutais. Josep Roselló i Oltra. IVIA (Valencia)
14:00 h a 15:00 h. Pausa xantar.
15:00 h a 15:30 h. Reprodución plantas cultivadas. Josep Roselló i Oltra. IVIA (Valencia)
15:30 h a 16:30 h. Pragas e doenzas: prevención e control. Josep Roselló i Oltra. IVIA (Valencia)
16:30 h a 18:30 h. Proxectos agroecolóxicos locais. Franco Llobera Serra. Red TERRAE
18:30 h Clausura. Representantes Consellería Medio Rural da Xunta de Galicia, USC e SEAE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *