Dentro dunha semana, o mércores 10 de xullo, terá lugar unha nova edición da xornada de Granxas Abertas, nesta ocasión en Portomarín, dende as 10:30h até o fin da tarde.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse chamando ao 982 231 154 ou cubrindo este formulario online.
Programación:
• 10:30 – Quedada diante do Mesón do Loio
• 11:00 – Campo do Loio, proxecto de mel da man de Iago
• 12:30 – Granxa ecolóxica de leite de vacas en pastoreo con Ovidio
• 13:45 – Adega de Cabanas, Sandra ensinará o seu furancho, un proxecto de economía circular, “dende a terra ata a mesa”. Unha granxa diversificada (horta, viñedos, animais, froiteiras…) coa que abastece o seu furancho
• 15:00 – Xantar compartido
• 17:00 – Presentación da asociación “As espigadoras” que loita pola preservación dos oficios tradicionais dende o rural e debate