A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada de formación sobre o simulador de explotacións leiteiras de Zoetis

O software permite a análise técnica-económica das principais enfermidades infecciosas en vacún de leite. Zoetis apoiou o desenvolvemento deste innovador simulador en liña co seu concepto de Farmaco€conomía

Xornada de formación sobre o simulador de explotacións leiteiras de Zoetis

Xornada de formación de Zoetis

O Servizo de Nutrición e Benestar Animal (SNBA) da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria (INIA), co patrocinio de Zoetis, organizaron tres xornadas formativas en torno ao simulador de explotacións leiteiras co obxectivo de coñecer o funcionamento deste software para a valoración de decisións técnicas e económicas na granxa, así como realizar unha análise crítica sobre a súa utilidade práctica, vantaxes e limitacións.

En concreto, as xornadas celebráronse os días 19 de setembro na UAB, 21 de setembro no INIA en Madrid, e 28 na Universidade de Santiago de Compostela en Lugo, co título de “Introdución ao uso do simulador de explotacións leiteiras como ferramenta para a toma de decisións técnicas e económicas”.

Un simulador que, desenvolvido polo SNBA co apoio de Zoetis, poñíase en marcha a comezos deste ano coa finalidade de modelizar unha explotación de bovino de leite e simular o seu comportamento para facilitar a toma de decisións estratéxicas na granxa.

Zoetis colaborou no desenvolvemento deste innovador simulador en liña co seu concepto de Farmaco€conomía, co obxectivo de axudar ao profesional para tomar decisións a cerca do uso de medicamentos e vacinas baseadas na relación entre os custos e os resultados clínicos e produtivos obtidos tras o uso de diferentes opcións terapéuticas no manexo dunha doenza ou momento produtivo.

É posible acceder ao simulador de explotacións leiteiras a través da seguinte ligazón: www.zoetis.es/simuladorfarmacoeconomia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *