A Subdirección Xeral de Medios de Produción Gandeira do Ministerio de Agricultura organiza unha formación en liña dirixida ao sector lácteo, centrada especificamente no uso e correcta implementación da ferramenta ECOGAN, que permite calcular emisións de gases de efecto invernadoiro nas granxas de leite. A formación impartirase o próximo día 19 de xaneiro de 10.00 a 13.00 horas en formato en liña.
Trátase dunha sesión formativa impartida por especialistas do Ministerio que é de utilidade para produtores, cooperativas e outras entidades do sector, xa que permitiría aclarar dúbidas técnicas ao sector, facilitar o cumprimento dos requisitos establecidos e mellorar a calidade dos datos reportados.
Este ano estase implantando a comunicación de datos das granxas a través do sistema Ecogan. Están obrigadas as granxas de maior tamaño (aquelas de máis de 850 UGM) e tamén as granxas que teñan a consideración de non extensivas, ou as novas granxas con máis de 181 UGM.
As granxas teñen de prazo ata o 1 de marzo de 2026 para comunicar os seus datos de 2025. É unha información que non conleva sancións en ningún caso, pero o Ministerio requírea para mapear a evolución ambiental da gandería, valorar as mellores técnicas dispoñibles nas granxas e comunicar os avances á sociedade.
As persoas interesadas poden enviar o nome completo, empresa/organización e cargo ao email inlac@inlac.es.
Programa da xornada
10:00- 10:10 Presentación da xornada. INLAC
10:10 – 10:30 Introdución ao sistema informatizado ECOGAN: Concepción Gafo Gastaca. Subdirección Xeral de Medios de Produción Gandeira. MAPA
10:30 – 10:50 Alta e acceso a ECOGAN. Tipos de usuarios. Belen Pérez Gutiérrez. TRAGSATEC
10:50 – 11:10 Normativa de aplicación. Odon Sobrino Abuja. Subdirección Xeral de Medios de Produción Gandeira. MAPA
11:10 – 11:20 Preguntas
11:20- 11:40 Descanso
11:40 – 12:40 Sistemática declaración en ECOGAN vacún leite. Carmen Fernández Moro. Subdirección Xeral de Medios de Produción Gandeira. MAPA
12:40 – 13:00 Informes ECOGAN. Carmen Fernández Moro. Subdirección Xeral de Medios de Produción Gandeira. MAPA
13:00 -13:20 Preguntas
Galego









Control OJD