O Servizo de Montes de Ourense organiza un curso de formación para a mellora da comunicación forestal. Terá lugar no Salón de Actos Casa de Chocolate (Ourense) durante o vindeiro martes 25 de outubro en horario de tarde, de 16.00h a 21.00h. O código do curso é o FC2022F132075 e a súa asistencia require de preinscrición a través deste enlace.
O obxectivo desta xornada é transmitir a importancia do monte en Galicia así como ensinar aos forestais “a contar o seu traballo” xa que “este infernal verán deixou claro que é imprescindible comunicar de xeito fiable e profesional”, detalla a xefa da área técnica III María José Alberte.
Para isto, nesta xornada intervirá Ismael Muñoz, director de Osbodigital -unha plataforma especializada en xestión forestal- e da revista Foresta. Ademáis, tamén impartirá unha parte do curso Lois pardo, xestor cultural. Para obter máis información está habilitado o teléfono 988 386 706 e o correo maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal.