O vindeiro 19 xullo a asociación Proecogal organiza unha xornada de formación dirixida aos produtores. A intención das mesmas é dotar ao sector, de ferramentas para “afrontar os retos da produción en ecolóxico que é sen dúbida, a mellor forma de producir alimentos” reinvindican dende a organización.
Terán lugar no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo en horario de 10:45h ás 13:30h e será impartida por diferentes expertos na materia, que ademais de seren teóricos traballan no día a día coa realidade da produción ecolóxica. Para se inscribir só teñen que descargar o código QR que se achega co cartaz da xornada.
Desde Proecogal fan un chamamento á participación “porque na combinación de produción e formación está a clave do éxito dos nosos proxectos produtivos e de vida’”- As Xornadas son abertas á participación de todos os produtores, nomeadamente ás explotacións de mediano e pequeno tamaño que adoitan ter máis dificultades para o acceso a este tipo de xornadas.
Dende Proecogal agradecen tamén “o apoio da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo sen a que non poderíamos levar a cabo a celebración desta formación”.