Data inicio: 15/09/2017
Data fin: 15/09/2017
Lugar: LU-P-1003, 27527 Carballedo, Lugo, España
O próximo venres, 15 de setembro, celebrarase en Carballedo (Lugo) unha xornada de demostración sobre o efecto da rega por goteo do millo forraxeiro na zona interior de Galicia. Os ensaios realizados nas últimas campañas demostran as grandes posibilidades que abre esta técnica para aumentar os rendementos do millo forraxeiro en zonas do interior do país, con seca estival.
Esta xornada está organizada pola Fundación José Luis Taboada (FJLT) e servirá para presentar os resultados dun proxecto de colaboración desta entidade co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e coa Cooperativa ICOS.
Programa
10.45-11.15
Recepción dos asistentes na entrada do Edificio do Pazo de Cartelos. Jorge Meiriño Novoa, Técnico de ICOS
11:15-11:45
Inauguración
Álvaro Taboada de Zúñiga y Romero, presidente da Fundación José Luis Taboada
Representante da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)
11.45-12.00
Resumo dos traballos dos últimos anos en Cartelos.
Juan Piñeiro Andión, patrono da Fundación José Luis Tabaada e nvestigador xubilado do CIAM
12.00-12.20
Demostración do efecto da rega por goteo do millo forraxeiro en Cartelos
(Actividade de Transferencia de Tecnoloxía nº 2017/180)
Gonzalo Flores Calvete, investigador e Xefe do Departamento de Pastos e Cultivos do CIAM
12:20-14:20
Visita guiada a:
• Demostración de rega por goteo na parcela “Lamela Dabaixo”
• Demostración de rega por goteo na parcela “As Nogueiras”
• Carballo Grande e Devesa Senlleiros de Cartelos.
Gonzalo Flores Calvete
Juan Piñeiro Andión
Luis González Fernández, fundador da Granxa de vacún de leite “Carteiro Trasar SC”.
14:45
Comida no Restaurante Río Búbal, en A Barrela, para os que o desexen. Custo: 10 euros.
16:30-18:00 (opcional)
Visita guiada ao Pazo de Cartelos
Esta xornada celebrarase na Sala de Actos Pazo de Cartelos (Cartelos, Carballedo, Lugo) As coordenadas GPS son 42º 34’ 5’’ N, 7º 51’ 25’’ W