Xornada de Delagro sobre “Tratamento de augas en vacún de leite”

A cooperativa DELAGRO organiza para mañá mércores unha xornada de formación online sobre “Tratamento intelixente da auga no sector do vacún de leite: As claves do éxito”, que será impartida por María Somolinos Lobera, veterinaria especialista en Bromatoloxía, Sanidade e Tecnoloxía dos Alimentos e xestora de produto da empresa de tratamento de augas OX-CTA.

A formación impartirase de 16:30 a 17:30 horas. As persoas interesadas en asistir poden enviar un correo a joseramon.dieguez@delagro.org e seguila a través desta ligazón de Google Meet https://meet.google.com/khg-bbti-kug

Na xornada abordarase a importancia da calidade da auga na bioseguridade, os puntos de control críticos, os tratamentos dispoñibles e a súa efectividade (hipoclorito sódico, dióxido de cloro, peróxido de hidróxeno e outras alternativas), entre outras cuestións.

delagtro tratamento augas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información