Xornada de debate sobre sistemas de cultivo alternativos máis sustentables na viticultura

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo organiza en Bueu un evento sobre outras opcións de cultivo de viñedo máis rendibles e comprometidas co medio ambiente

Publicidade
Xornada de debate sobre sistemas de cultivo alternativos máis sustentables na viticultura

O curso procura avanzar información sobre o cultivo sostible de uva vinculado a un maior rendemento da produción

O GDR Pontevedra Morrazo abordará a problemática do cultivo sustentable da viña, e como mellorar a saúde dos solos para lograr mellores rendementos vitícolas, tanto en cantidade como en calidade. O evento terá lugar o día 1 de setembro, ás 18:30h, no Centro Social do Mar en Bueu.

Esta xornada contribuirá a desenvolver unha das liñas estratéxicas do GDR, que procura a formación en aspectos de índole técnica e experimental que melloren os coñecementos e a capacitación profesional do sector e de pequenos produtores, así como a promoción de sistemas produtivos máis respectuosos co medio ambiente.

O acto arrancará cunha conferencia a cargo de José Manuel García Queijeiro, biólogo, experto en viticultura, profesor e investigador do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do solo da Universidade de Vigo, cunha longa traxectoria no estudo e manexo dos solos dos viñedos galegos. Seguirá unha mesa redonda con produtores, moderada por Carme Freire Cruces, labrega, formadora e divulgadora, na que participarán representantes de tres adegas para dar a coñecer a súas experiencias na procura dun cultivo máis respectuoso co medio ambiente: Antonio Méndez Rodríguez, de Señorío de Rubiós (D.O. Rías Baixas); Antonio Alfonso Volvoreta, de Finca Volvoreta (Premio Nacional de Biodiversidade) e Manuel Primitivo Lareu López de Adegas e Viñedos Lareu (D.O. Ribeira Sacra). A sesión rematará cun debate aberto a tódolos asistentes.

Cartel do programa da xornada de debate

Cartel do programa da xornada de debate

Esta actividade enmárcase dentro do proceso de dinamización que o GDR Pontevedra-Morrazo está realizando na IXP Ribeiras do Morrazo, a cal pretende contribuír a desenvolver as potencialidades da viticultura no territorio da IXP, e de xeito especial no Concello de Bueu.

O GDR Pontevedra Morrazo, xunto con outras entidades do territorio, impulsaron a creación da IXP Ribeiras do Morrazo para amparar os viños elaborados nos concellos de Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela. Este distintivo de calidade para os viños do Morrazo foi aprobado pola Comisión Europea o 9 de xaneiro de 2018.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información