Xornada de ciberseguridade no sector forestal

O director de XERA, Alfredo Fernández Ríos, chama a ampliar a formación e lembra as axudas da Xunta para actividades formativas

Xornada de ciberseguridade no sector forestal

Inauguración da xornada formativa Ciberseguridade: riscos e implantación no sector forestal de Lugo.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, destacou a importancia de que as empresas do sector forestal coñezan os beneficios da ciberseguridade. Tamén avogou por ampliar a formación neste eido.

Fernández Ríos participou na inauguración da xornada Ciberseguridade: riscos e implantación no sector forestal de Lugo, organizada por LugoMadera co apoio da Xunta. Alí salientou que as empresas da cadea monte-industria non son alleas ás ameazas que trae consigo a dixitalización.

“Máis, -dixo- cando cada día se van renovando e están implantando novos sistemas informáticos para, por exemplo, garantir a trazabilidade dos produtos, xestionar a cadea de produción ou para todo o que comporta a comercialización da madeira”, afirmou.

Neste contexto, o director da XERA defendeu a necesidade de incrementar a formación en ciberseguridade entre os profesionais. Lembrou que segue aberta a liña de axudas da Xunta para actividades formativas non regradas, como a organizada por LugoMadera, das que o pasado ano se beneficiaron máis de 1.000 profesionais.

O prazo de solicitudes está aberto desde o 29 de agosto ata o 29 de setembro. O orzamento total é de 0,5 millóns de euros, con axudas máximas de ata 70.000 euros por beneficiario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información