A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos unha xornada para dar a coñecer as características físico-químicas dos produtos amparados pola indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia. Terá lugar o vindeiro xoves 3 de novembro en horario de 16,00 a 21,00 horas.
A acción parte da idea de que o mel acumula unha importante historia produtiva dentro da comunidade galega, estando referenciadas numerosas alvarizas de fai moitos séculos que reflicten a relevancia que sempre tiveron as abellas na nosa contorna. Nesa liña, búscase difundir os principais parámetros do produto con selo de calidade para poñelo de relevo a través dunha cata seleccionada, así como os valores dispostos na lexislación vixente.
A inscición pode realizarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para solicitar máis información, poderán dirixirse ao enderezo cesar.crespo.vazquez@xunta.gal ou chamar ao teléfono 982 889 106