Xornada apícola este sábado en Ourense sobre uso correcto do ácido oxálico contra a varroa e calendario técnico do apicultor

A Agrupación Apícola de Galicia organiza para este sábado, 15 de novembro, unha xornada apícola na súa sede en Barbadás (Ourense), unha actividade que se insire no Grupo Operativo APICONECTA.

A formación comezará ás 10:30 horas cunha charla sobre “Planificar para producir: O calendario técnico do apicultor”, a cargo dun técnico da Agrupación Apícola.

E ás 11:45 horas comezará unha conferencia sobre “Uso correcto do ácido oxálico contra a varroa”, a cargo de Antonio Nanetti, do Centro di Ricerca Agricoltura e Ambiente, de Boloña (Italia).

As persoas interesadas en asistir deben chamar ao 646 78 82 15

XORNADA 15 NOVEMBRO 2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información