A XIX Feira do Viño de Monterrei ofrecerá tres días de actividades enogastronómicas, culturais e musicais

A cita celebrarase do 7 ao 10 de agosto en Verín coa participación de 19 adegas, showcookings, catas comentadas, propostas gastronómicas e actividades infantís

Publicidade
A XIX Feira do Viño de Monterrei ofrecerá tres días de actividades enogastronómicas, culturais e musicais

A Denominación de Orixe Monterrei dará comezo este venres, 7 de agosto, á XIX Feira do Viño de Monterrei, unha cita que se desenvolverá durante tres xornadas en Verín e que combinará viño, gastronomía, cultura e música. O evento terá como escenario principal a praza da Alameda, onde participarán 19 adegas da denominación de orixe, ademais dunha ampla representación de postos gastronómicos con propostas para todos os públicos.

A inauguración oficial terá lugar ás 20.00 horas na praza García Barbón e contará co pregón da futbolista Antía Pérez, natural de Laza. Previamente, ás 18.30 horas, a Igrexa Parroquial de Verín acollerá o acto de imposición de medallas da Confraría dos Viños de Monterrei, que distinguirá nesta edición a Vicente Rodríguez Jiménez, Enrique Fernández Pérez e José Luis Mateo García.

Durante a fin de semana, a programación completarase con diversas actividades dirixidas ao público adulto, entre elas dous showcookings e unha cata comentada centrada na evolución e o futuro dos viños da D.O. Monterrei. Ademais, os máis pequenos poderán participar en xogos populares que se desenvolverán na Alameda entre as 20.00 e as 22.00 horas.

Os stands das adegas abrirán na noite do venres e continuarán en horario de mediodía e tarde durante o sábado e o domingo, permitindo aos visitantes degustar os viños das adegas participantes e descubrir a oferta gastronómica que acompañará esta décimo novena edición da feira.

Nesta edición, as bodegas participantes son: Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo, Gargalo, Terras do Cigarrón, Manuel Vázquez – Viticultor, Father 1943, Ramón Bigotes, 3 Mentiras, Estela do Val, Ladairo, Adegas Tapias Mariñán, Adega Pazo das Tapias, Adegas Daniel Fernández, Serra de Alén, Triay, Abeledos, Setembro, Quinta do Buble e Valderello.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información