A XIV Feira de Artesanía e Gastronomía enche as rúas de Castroverde

A XIV Feira de Artesanía e Gastronomía enche as rúas de Castroverde

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, e o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos e tamén Alcalde de Castroverde, Xosé María Arias Fernández, participaron na XIV Feira de Artesanía e Gastronomía que se celebrou este domingo no recinto feiral da vila castroverdense, coa que colabora a Deputación. Ata a localidade achegáronse numerosas persoas para gozar deste cita xa consolidada na comarca.

García Pernas sinalou que “colaboramos con esta feira para contribuír e dinamizar a economía local, a produción artesanal, a gastronomía local, e impulsar así á promoción turística do concello”.

Xosé María Arias Fernández agradeceu pola súa banda a colaboración e o compromiso da Deputación “para garantir que se celebrara unha nova edición deste feira, onde a xente puido desfrutar dun día de lecer e ao mesmo tempo coñecer as nosas tradicións”.

A Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde ofreceu talleres artesanais, grazas ao apoio da Deputación. Realizáronse esculturas de madeira con motoserra, leváronse a cabo degustacións de produtos autóctonos, desfiles de moda, firmas de libros, espectáculos de maxia e actuacións musicais. Ademais, durante a xornada celebrouse a sétima edición da concentración de coches e motos clásicos da vila, que outorgou premios aos vehículos mellor conservados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información