O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, as XIII Xornadas de Arquitectura e Deseño. Trátase dun encontro dirixido a profesionais da arquitectura, deseño interior, carpinteiros, sector Contract e empresas da industria da madeira coa finalidade de abordar a importancia do deseño na construción e promover o achegamento entre o mundo da arquitectura, o deseño e os seus profesionais co tecido empresarial da madeira, coa mirada posta no mercado.
A cita terá lugar o mércores, 3 de decembro, a partir das 09:30 horas, no Auditorio 2, do edificio CINC, da Cidade da Cultura. A través das intervencións de RVR Arquitectos, Estévez e González e Fuertes Penedo abordaranse diferentes solucións construtivas en madeira empregadas nalgunhas das súas obras que destacan pola súa innovación e posta en valor deste material.
Como principal novidade nesta edición destaca a mesa redonda “Arquitectura, interiorismo e deseño galego no Parador de Muxía” na que se analizará este proxecto emblemático como exemplo de colaboración entre arquitectura, deseño e empresas do hábitat galego. Na mesa participarán Alfonso Penela, arquitecto responsable do Parador de Muxía; David García, de Grupo Ramón García; e Francisco Pérez, de Sutega. Estará moderada por José Bermúdez, profesor da Escola de Arquitectura da Coruña e tratarase de mostrar como a cooperación entre estudos e empresas permite desenvolver proxectos con identidade propia e alto valor engadido para Galicia.
No acto de inauguración estarán presentes o director de XERA, Alfredo Fernández; o presidente da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Ángel Cid; o profesor da Escola de Arquitectura da Coruña, José Bermúdez; e o presidente do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, José Manuel Iglesias.
Galego









Control OJD