Co remate do curso 2025 – 26 establécense os premios anuais concedidos por Xenética Fontao SA, en colaboración coa Fundación para o Desenvolvemento Rural (Fundesar) e dirixidos ao alumnado matriculado no Ciclo Superior de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal do Centro de Promoción Rural EFA -Fonteboa, destinado a recoñecer os mellores proxectos fin de ciclo vinculados á produción gandeira da especie bovina, que contribúan ao impulso do relevo xeracional e ao desenvolvemento do medio rural no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
Preténdese recoñecer e premiar os mellores proxectos presentados polo alumnado, incentivando o fomento da raza bovina, a sustentabilidade, o relevo xeracional e o desenvolvemento rural .
E nesta primeira edición, establécense 4 premios: dous primeiros premios de 1.000 € e dous accesists dotados con 500 € cada un.
A presentación dos proxectos foi o pasado mércores 20 de maio. O xurado estivo integrado por profesorado do CFGS de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, representantes das enitdades Xenética Fontao e Fundesar e profesionais externos do sector agrogandeiro. Ademáis, praticiparon os seguintes profesionais, distribuidos en tres tribunais de avaliación:
-Pablo Reboira (Xefe de produto de ABS Global Spain),
-Xusto Mourín (Técnico de Africor Coruña),
-Bruno Suárez (Técnico de CLUN),
-Carmen Rey (Xefa de Compras do Grupo Lactalis),
-Juan Carlos Lauroba (Técnico OAC de Baio),
-Javier Recarey (Técnico OAC de Carballo)
-Juan Manuel Fiz (Asesor do Grupo Lence).
-José Luis Acción (Comité Xestor EFA Fonteboa)
Na avaliación dos proxectos consideraronse os seguintes indicadores: a presentación e defensa do proxecto, a realidade do mesmo, o relevo xeracional, o valor engadido que se aporta ao medio rural, a innovación, a posta en valor da especie bovina, e por suposto, a viabilidade técnica e económica do proxecto.
Nesta primeira edición os dous primerios premios (1.000 € a cada un) foron para Manuel Vázquez e para Adrían Jorge:
-Manuel Vázquez Varela (Irixoa): Galardoado polo seu proxecto de incorporación a unha gandería de vacún de leite, no que destacou a excelente planificación técnica e o seu enfoque cara á modernización.
-Adrián Jorge Muiños (Lalín): Premiado polo seu proxecto de incorporación tamén no sector do vacún de leite, sobresaíndo polo seu rigoroso realismo económico, coherencia e integración no territorio.
Por outra banda os tres accesists (500 € cada un) foron para Jesús Rico, Brais Lorenzo e Marcos Villar:
-Jesús Rico Carracedo (Abadín): Reconecidos pola calidade do seu proxecto estratéxico para o vacún de leite, a partir dunha pequena explotación familiar.
-Brais Lorenzo Ramos (Mazaricos): Galardoado pola coherencia do proxecto técnico e económico para a pervivencia dunha explotación familiar especializada na produción de leite.
-Marcos Villar López (Paradela): Premiado pola súa proposta orientada, á produción de vacún de ca
Galego










Control OJD