Xabier Montes, un mozo que mostra a profesionalidade e o futuro do sector na provincia de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra recibiu ao novo gañador pontevedrés do certame Young Breeders School, ao que asistiu co equipo formado por gandeiros galegos

Xabier Montes, un mozo que mostra a profesionalidade e o futuro do sector na provincia de Pontevedra

Xabier Montes xunto ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, familia e outras autoridades. Cedida

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, recibiu no Pazo provincial ao mozo gandeiro de Rodeiro Xabier Montes, quen se proclamou gañador do concurso Young Breeders School de Bélxica. Trátase do certame de manexo de gando máis prestixioso do continente.

O mandatario provincial puxo en valor a importancia que ten que a mocidade se interese e fórmese na gandaría e agricultura para asegurar o futuro do sector primario na provincia.

Xabier Montes formou parte do equipo nacional, formado por ortos cinco gandeiros galegos, que acabaron a competición no primeiro posto da clasificación xeral. O mozo da gandería Casa do Rei, aos seus 17 anos, foi o segundo na súa categoría e cuarto no ranking global. Os mozos participantes medíronse con 180 competidores de 28 países e tiveron que superar probas como preparación, pelado e doma de becerras ou a creación dunha caseta relacionada co Camiño de Santiago, para representar a Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información