Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para empresas do sector forestal – madeira

Trátase das liñas Xera-savia e Xera-valor, que suman 5 M€ e van destinadas a empresas da segunda transformación e a actividades formativas

Publicidade

aserradeiro Hijos de Ramon Rubal (Alfoz) pineiro14O Diario Oficial de Galicia ven de publicar dúas das liñas de axuda da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) para este ano, que suman en total 5 millóns de euros e van destinadas a empresas da primeira e segunda transformación e á realización de actividades formativas no sector.

Trátase, por unha banda, do programa Xera-valor, pensado para aproveitar as oportunidades que está a xerar o incremento de produtos derivados da madeira en diversos eidos como o da construción ou o contract, no que Galicia é punteiro a nivel internacional. Trátase dunha axuda única a nivel estatal cuxo orzamento ascende a 4,5 millóns de euros financiados con fondos propios.

É para empresas da primeira e segunda transformación da madeira con varias liñas para, por exemplo, a compra de maquinaria de deseño e fabricación de mobiliario ou de elementos para a construción. Tamén para tecnoloxías de automatización e dixitalización de procesos, ou para maquinaria específica para tratamentos, secado e acabados; certificacións, ecoinnovación ou seguridade e saúde laboral. As axudas poden alcanzar un máximo de entre 60.000 e 250.000 euros.

Por ouro lado, o segundo programa de apoios que hoxe se publica é o Xera-savia, cun orzamento de medio millón de euros para actividades formativas non regradas ou divulgativas con subvencións de ata 70.000 euros. Vai dirixida a asociacións, organizacións, centros universitarios, colexios, fundacións ou agrupacións empresariais innovadoras (AEI) represenativas do sector en Galicia.
A Xunta está elaborando un plan director para o sector forestal madeira cuxo borrador foi presentado ao Consello do pasado 19 de xaneiro e que recolle medidas e actuacións para fortalecer a competitividade deste sector clave en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información