Webinar sobre uso de lévedos autóctonos para diferenciar os viños do Ribeiro

Publicidade

ribeiro webinar_levedos_2A Fundación Juana de Vega en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega-Agacal), o Instituto de Ciencias da Vide e o Viño (ICVV) da Rioxa, a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) e as adegas da DOP Ribeiro O´Ventosela e Priorato de Razamonde, levaron a cabo desde 2018 un proxecto de innovación para promover a implantación dunha nova tecnoloxía na produción de viño: a aplicación dun lévedo autóctono que asegure a calidade aromática e a diferenciación do produto final.

Neste sentido, este luns, 14 de decembro, realizarán unha xornada de presentación dos resultados online, emitíndose por streaming en formato webinar.

Programa :

12:30-12:50. Presentación das xornadas, a cargo de Jose Luis Cabarcos Corral, director da Agacal; Juan Manuel Casares Gándara, director da Evega, e Jose Manuel Andrade Calvo
Director da Fundación Juana de Vega

12:50-13:10. Exposición dos resultados: 

-Pilar Blanco Camba: “Saccharomyces cerevisiae XG3: orixe, potencial fermentativo e capacidade de implantación nas fermentacións industriais”.. Evega-Agacal

13:10-13:30 Exposición dos resultados: 

-Mar Vilanova: “Perfil aromático e sensorial dos viños Treixadura elaborados con lévedo autóctono na DOP Ribeiro”. Misión Biolóxica de Galicia-CSIC

13:30-13:45:  Preguntas

13:45 Remate da xornada

Para realizar a inscrición na xornada sobre Uso de lévedos autóctonos para a diferenciación da calidade aromática do viño na DOP Ribeiro é necesario cubrir o seguinte formulario.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información