Webinar sobre promoción do viño e do sector vitícola en internet

Publicidade

webinar CECRVO 18 de marzo, de 10h a 11.30h (hora peninsular), terá lugar o seminario web “Da promoción online á creación de contidos e experiencias dixitais innovadoras”.

Organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), o webinar será impartido por Gustavo Entrala, profesional cunha traxectoria de referencia en contornas dixitais e creatividade, especializado en xerar novas ideas, en descubrir tendencias e tecnoloxías emerxentes e en impulsar a cultura da innovación en equipos corporativos.

O principal obxectivo deste seminario é ensinar a pensar de forma creativa á hora de planificar e elaborar contidos e de organizar accións e experiencias no mundo online, para que poidan resultar diferenciadoras.

O que se pretende é que as denominacións de orixe e as súas adegas inscritas, que serían os principais destinatarios do seminario web, coñezan claves que lles inspiren a empregar o mundo dixital dunha maneira innovadora, impulsando a creatividade para deseñar e materializar experiencias e contidos online que deixen sinal no consumidor.

Máis información e inscricións aquí

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información