A Fundación Juana de Vega organiza o vindeiro mércores, 23 de marzo, un webinar sobre “A nova PAC: retos e oportunidades para Galicia”, que se celebrará no marco do proxecto europeo FunCAP. financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP).
O tema central da xornada será a presentación das liñas básicas da Política Agraria Común para o período 2023-2027 a nivel xeral, así como as principais medidas propostas para España e Galicia no Plan Estratéxico enviado a Bruxelas. Para abordar este tema, contarase coa presenza de Edelmiro López Iglesias, investigador da Universidade de Santiago de Compostela e experto na PAC. Posteriormente, representantes da administración autonómica e dos agricultores e gandeiros, participarán nunha mesa redonda para explicar que implica a PAC para eles e que agardan do próximo período.
Ademais, este webinar será unha oportunidade para dar a coñecer as actividades que se están a desenvolver no marco do proxecto FunCAP para promover a PAC entre as novas xeracións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dun xeito divertido.
A inscrición para o webinar xa está aberta e pode realizarse a través desta ligazón: https://www.streamweb.es/a-nova-pac-retos-e-oportunidades-para-galicia/
Programa do webinar “A nova PAC: retos e oportunidades para Galicia”
-10:00 – 10:10 Benvida e presentación da FJDV (Enrique Sáez Ponte, Fundación Juana de Vega)
-10:10 – 10:25 Presentación do proxecto FunCAP (Alfonso Ribas Álvarez, Fundación Juana de Vega)
-10:25 – 10:45 A PAC 2023-2027 – que implicacións para Galicia? (Edelmiro López Iglesias, USC)
-10:45 – 11:15 Mesa redonda con:
Experto da PAC: Edelmiro López Iglesias (USC)
Representante da Administración: Jorge Piñeiro (FOGGA)
Representante dos agricultores e gandeiros: Javier Iglesias (Unións Agrarias)
Moderada por: Tania Gesto Casás (Fundación Juana de Vega)
-11:15 – 11:25 Rolda de preguntas do público
-11:25 – 11:30 Conclusións e peche
@EUAgri #IMCAP