As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Webinar sobre “A nova PAC: Desafíos e Oportunidades para Portugal”

A Fundación Juana de Vega organiza o vindeiro luns, 16 de maio, un webinar sobre “A nova PAC: Desafíos e oportunidades para Portugal”, que se celebrará no marco do proxecto europeo FunCAP, financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP).

O tema central da xornada será a presentación das liñas básicas da Política Agraria Común para o período 2023-2027 a nivel xeral, así como as principais medidas propostas para Portugal no Plan Estratéxico enviado a Bruxelas. Para abordar este tema, contarase coa presenza de Artur Cristovao, profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e experto na PAC. Posteriormente, representantes da Administración Portuguesa e dos agricultores e gandeiros, participarán nunha mesa redonda para explicar que implica a PAC para eles e que agardan do próximo período. 

Ademais, este webinar será unha oportunidade para dar a coñecer as actividades que se están a desenvolver no marco do proxecto FunCAP para promover a PAC entre as novas xeracións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dun xeito divertido.  

A inscrición para o webinar xa está aberta e pode realizarse a través desta ligazón:https://www.streamweb.es/a-nova-pac-desafios-e-oportunidades-para-portugal/

Programa do webinar “A nova PAC: Desafíos e oportunidades para Portugal”

programa webinar portugal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *