Webinar sobre manexo da vaca en transición

Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España ( ANEMBE) organiza para o vindeiro mércores, 14 de abril, un webinar sobre «Manexo da vaca en transición III”.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online por Gustavo Shuenemann, profesor de extensión veterinaria en vacún de leite da Universidade de Ohio (Estados Unidos). O seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior.

A conferencia focalizarase en implementar un sistema-de-traballo para mellorar o manexo da vaca leiteira en transición en ganderías modernas cunha forte énfase en prevención e un proceso de mellora continua. Os conceptos modernos ilustraranse usando imaxes e/ou vídeos curtos para integrar as instalacións (TMR, camas, comedeiro, etc.) e o manexo consistente (persoas e protocolos) con CONFORT e saúde para mellorar produtividade e benestar animal cos recursos dispoñibles (nutrición, empregados, instalacións, etc).

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información